
Seguindo coas visitas ás diferentes parroquias e barrios da nosa cidade para explicar as nosas propostas e recoller opinións dos nosos veciños e veciñas, nos desprazamos, nesta ocasión, a Santa María Xeve, onde puidemos falar en primeira persoa coa xente, que nos manifestou os problemas que seguen a sofrer tras catro anos dun goberno municipal xordo ás necesidades dos veciños.
O candidato Tino Fernández e Marcos Rey, acompañados por membros da Executiva Local, explicaron como ó longo deste mandato, as Parroquias víronse relegadas a xogar un papel secundario mentres se atendía únicamente o centro da cidade e se cronificaban as carencias do rural, xerando, entre outras cousas, unha diminución da súa poboación. Para evitar isto e mellorar a situación das parroquias, os socialistas propusemos medidas como:

- Un Plan Estratéxico de Servizos que destine un mínimo do 10% do orzamento de inversions (1,3 millons de euros) a mellorar e adecuar os servizos do rural: Transporte Publico, limpeza, telefonía e redes, seguridade vial, actividades socio-culturais, servizos de proximidade, etc.
- Bonificacións fiscais, que, en tanto no se proceda a dotación de servizo de Saneamento, se reducirá nun 30% o recibo do IBI para aquelas vivendas que non conten con conexión ao alcantarillado.
- Un Plan de infraestruturas consensuado cos veciños e veciñas.
- Un novo PXOM que recolla as aspiracións do Rural, definindo os Núcleos e facilitando a súa edificabilidade.
Entre outras moitas medidas que se foron desgranando e que despertaron o interese dos asistentes.
A esta visita sumouse, no noso interese por recoller as necesidades de tódolos cidadáns de Pontevedra, á reunión que mantivemos ca Asociación de Familias de Menores Trans «Arelas», xa que a loita das persoas transexuais é a loita polo dereito a decidir a identidade propia e, polo tanto, está no ADN dos socialistas apoiar as reivindicacións do colectivo; e máis nun contexto no que a ultradereita quere acabar co dereito das persoas a decidir a súa sexualidade e a súa identidade. Por elo, instamos á Xunta de Galicia a que as charlas de sensibilización promovidas por «Arelas» se inclúan de maneira obrigatoria no protocolo autonómico sobre discriminiación e liberdade de xénero.

E ainda tivemos tempo de propor que se cree un parque para prácticar calistenia e «Street-workout» (un sistema de entrenamiento no que os exercizos se fan utilizando o equilibrio ou o propio peso corporal e que converte áreas o aire libre en improvisados ximnasios) en Pontevedra. Unha demanda que se pon de manifesto no feito de que Vigo xa conta con dous espazos deste tipo.